jueves, 6 de noviembre de 2014

A importancia de analizar as nosas candidaturas de emprego:



 Actualmente xa non sirve iso de enviar un CV para todo. Desde fai uns anos as tendencias en selección de persoal e recrutamento deron un xiro de 360 graos, e o percibimos a diario nas ofertas de emprego que vemos.
A selección dos candidatos por parte da empresa xa non se basea só  na formación e na experiencia que poida aportar un candidato, senón que buscan ese “algo máis” que como traballadores pode aportar unha persoa a un posto, un plus engadido.
O traballador actualmente é un todo, xa non só se valora que renda no posto de traballo senón que acompañe a ese rendemento dunha actitude, unhas aptitudes e uns valores. 
Todos temos ese plus, todos aportamos un extra, pero non o reflectimos nas nosas candidaturas de emprego, e polo tanto a empresa non pode valorarnos convenientemente. 
Debemos buscar "iso" que nos fai diferentes a outros candidatos. 

 O CV e a primeira porta de entrada que temos para un posto de traballo, pero se só expoñemos datos de experiencia laboral e emprego sen ofrecer nada máis, unha gran parte valor como traballadores queda fora. 
 
Oxalá houbese un modelo de CV que poder dicir: “se o utilizas entrevístanche seguro e con posibilidades de contratación”, pero non é así. Hai tantas opinións de CV como persoas que os leen, un mesmo CV pode chamar moito a atención a un recrutador e para outro pasar máis ben desapercibido.  

Deixando para outra ocasión os Video CV, os CV on-line e as tarxetas de presentación virtual, e centrándonos no CV máis tradicional, temos á nosa disposición varios modelos de CV que se escapan do modelo cronolóxico máis habitual, están o CV funcional e o CV  combinado. Todos teñen os seus pros e contras, pero teñen que depender sempre da candidatura á cal queremos optar.  Pinchando aquí, pódese ver, por exemplo qué opinan desde Adecco destes tres CVs. 
 

Como breve resumo dicir que o cronolóxico e sinxelo de percibir para o que entrevista, porque a informacion está clara e ordenada, pero ten na súa contra que son moi visibles os cambios de empresa e a permanencia nos postos de traballo e os paróns laborais e formativos.
O CV funcional é moi flexible organizando a información e permite destacar as habilidades do traballador, o contra que ten e que non destacaría tanto a empresa para a cal se traballou nin o tempo en cada unha delas.  
E por último o combinado e unha suma de ambos, permite valorar a candidatura tanto por experiencia laboral e formativa como por habilidades da persoa, e para min o  único contra e que cada candidatura precisa de un novo.

                              

Sobre isto para min non é un contra, pois paréceme  básico analizar as candidaturas e axustar o CV a cada unha delas,  e a carta de presentación  (se se quere presentar) ou o corpo do correo electrónico, porque só así estaremos realmente ofrecéndolle á empresa o perfil para o posto que precisan. 

Non é posible con un só  CV  queren optar a varios postos, porque ese CV non está preparado para pasar a criba curricular dun recrutador.  

 Non é o mesmo dicir que traballei nun comercio como dependente de tenda , a decir que teño experiencia laboral en atención ao público, cobro en caixa, control de stocks,  e todo o traballo que se desempeña nun comercio. Describindo un pouquiño só cada posto, poñemos máis en valor o traballo realizado, e podemos máis facilmente extrapolar esa experiencia e as tarefas desempeñadas ao posto de traballo que queremos solicitar. 

Unha parte importantísima do análise de candidatura é o autocoñecemento. Debemos saber definirnos, e saber qué postos estamos dispostos a desempeñar e cales non, e ahí temos que tratar de ser sinceiros con nos mesmo e coñecer as nosas potencialidades e limitacións de cara ao emprego.  Definirnos non sempre é sinxelo, sabemos como somos (ou non), pero ás veces é realmente complicado verbalizalo.

Para iso hai múltiples ferramentas en internet que nos axudan a analizarnos, está por exemplo o Análisis Dafo, que actúa en catro vertentes: Fortaleza, debilidades,  aptitudes e ameazas, todo isto referidos a nos mesmo.  

Hai tamén  test de autocoñecementos varios circulando por internet, pero unha ferramenta que me gusta polo sinxelo do seu uso, polo seu formato e resultados é o test CLOE, que é  unha aplicación do “Servei d'Ocupació de Catalunya” e que axuda na definición do perfil profesional.


                                           


Ainda que para min ten máis usos, posto que ao remate do test, nos ofrece un informe con aptitudes, valores e competencias, e non só orientacións de emprego. 
Esta definición que vai a facer de nos sírve para coñecernos un pouco mellor e para verbalizar caracteristicas positivas nosas que moitas veces non sabemos expresar, e que posteriormente podemos utilizar para plasmar nun CV ou nunha carta de presentación. 
Podedes acceder ao recurso pinchando aquí.  

Analicémonos a nos mesmos e posteriormente analicemos o posto de traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario