viernes, 28 de noviembre de 2014

Módulo 3: Marco Instrumental


O modulo 3  xira entorno os instrumentos a utilizar para axudarlle o potencial usuario a atopar emprego ou o fomento da mellora da empregabilidade. A intermediación laboral, os itinerarios de inserción, a axuda na toma de decicións, a prospección do emprego no mercado de traballoa asi como a elaboración dun pequeño plan de empresa forman parte de este modulo.

Tema 11

Define o papel do técnico no campo da orientación Laboral. Definense os ditintos modelos de intervención,  que deben funcionar  como ferramentas flexibles que están a disposición do persoal tecnico, falase de tres modelos: didáctico, de asesoramento e centrado nos recursos,  unhos complementanse aos outros pero todos teñen  ou deben de funcionar de maneira flexible.


No referente aos principios nos que debe basearse a Orientación Laboral distingue tres: individualización tendo en conta as necesidades de cada un, a flexibilidades permitinto que a intervención sexan tanto individual como colectiva  e o da autonomía para que cada un desenvolva as súas habilidades aptitudes,competencias.

Asi mesmo tamén se trata neste tema a atención que se lle debe prestar a determinados colectivos vulnerables que se atopan nunha situación de desvantaxe no ámbito laboral facendo especial fincapé a atención para mellorar a empregabilidade en persoas con discapacidade.

Tema 12
Especifica a orientación como un proceso de acompañamento que un profesional realiza conxuntamnete  co usuario coa finalidade de que éste poida identificar e potenciar as súas competencias  persoais e profesionais e chegue a construir un proxecto persoal e profesional..

O tema centrase na elaboración dun Itinerario de Insercion Labaral ,  na que distinguimos tres fases: Acollida, desenvolvemento e avaliación, podendo realizarse as actividades programadas tanto individualmente como colectivamente, tendo como obxetivof a insercion laboral e o desenvolvento profesional.


Tema 13 
A entrevista na orientación laboral ten como finalidade determinar a adecuación do candidato a un determinado posto de traballo. Nunha  entrevista é tan importante como o decimos que o que decimospor eso é moi importante ter en conta unhas regras tanto de comunicación verbal como non verbal, é quizais o paso mais importante nun proceso de selección.

Ésta pode ser de tres tipos: dirixida, con preguntas concretas, semidirixida con preguntas concretas pero deixando algunhas abertas e grupais, con sesións de seis a dez candidatos, onde se debate algún tema para chegar a unhas conclusións.

No referente a estructura da entrevista, distinguimos tres partes: introducción, recepción, saúdo, conversación introductoria, desarrollo, preguntas sobre formación, experiencia, cuestions personais e condicións laborais, e peche, aclaración de dubidas e despedida.

O papel do orientador laboral ante todo ésto  é elaborar un diagnóstico como punto de partida para realizar un proceso de orientación personalizado,mantendo unha actitude positiva, próxima dentro dun contexto de profesionalidade.


Tema 14
O papel mais importante que desempeña o orientador e que é o motivo da súa existencia é a inserción laboral  e para elo ten que coñecer os postos de traballo existentes así como as posibles ocupacións que se xeneren. O orientador neste proceso non é un colocador senón que é un asesorou facilitador  que proporciona as ferramentas para que o usuario desempregado aprenda a identificar que información necesita segundo seu nivel de autonomia, desempeñando éste un papel activo e participativo. 

En todo este proceso debese ter moi en conta as competencias requeridas, entendendo por competencia como a capacidade que posibilita o bo cumprimento do posto de traballo, onde interveñen as distitas competencias adquiridas, competencias de base, técnicas e as transversais.


Tema 15
Este tema falanos das ferramentas mais adecuadas para facer unha búsqueda activa de emprego, pero cales son esas ferrramentas é unha pregunta que os orientadores nos solemos facer. Hai varias ferramentas a utilizar dependendo do mercado,da persoa ou do colectivo; entre elas a mais utilizada é a carta de presentación e o Curriculum Vitae.

No referente os canles para a búsqueda  temos un amplo abanico de eles, parte dos cales desenvolvense  detalladamente no tema e que o orientador debe por en coñecemento dos usuarios:  bolsas de traballo, prensa, emprego público, entidades públicas e privadas mediadoras entre oferta-demanda, autocandidaturas, networkin o rede de contactos.




 
Tema 16
O Tema dezaseis falanos do plan de empresa, o traballo do orientador non consiste en asesorar o usurario no referente a temas de contabildad, estudios de mercado, balances pero o que si pode  facer o técnico en orientación e asesorar aos pequenos emprendedores que se queren constituir en autónomos é elaborar un pequeño plan de empresa onde se identifiquen e se analicen as posibilidades para montar un negocio examinando a viabilidade técnica, económica e financieira  a través dun pequeño estudio de mercado.

O plan de empresa fai a funcionar como unha avaliación continua, podendo así comprar os resultados realmente obtidos cos previstos no propio plan, e de esta maneira ir facendo as correcións oportunas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario