A Orientación Laboral e a súa Intervención dende a Perpectiva de Xénero
A Orientación Laboral é algo
que ao longo do tempo foi cambiando considerablemente, é dicir foise adaptando
aos tempos. Entendémola como un proceso de axuda e de acompañamento ao longo
da vida (laboral) no desenvolvemento das competencias persoais, sociais e
claro está laborais na que constantemente promóvense cambios. Por iso, temos
que ser quen de situar as persoas en situacións favorables para o emprego a
favorecer o desenvolvemento competencial, e non esquezernos de preparar as
persoas para as situacións de ser quen de manter os seus empregos ou de
preparalos se for ao caso para as situacións de desemprego ou mesmamente para
os cambios de profesións, e entre outras cousas, por exemplo, na toma de
decisións.
Por outra banda é interesante saber
as diferentes categorías que actúan nesta intervención;
- Ter claro o Obxectivo profesional, é dicir, que coñezan o mercado laboral, que saiban definir os seus obxectivos, a súa dispoñinilidade xeográfica.
- Que teñan claro o seu nivel de Profesionalidade de cara a realización do seu cv profesional, das súas competencias, do seu nivel de empregabilidae
- E imprescindicble a súa Motivación, a confianza propia, ter claro as expectativas e un nivel considerable de autoestima, ou o que o mesmo un bo estado de animo
- Son moi importantes os Recursos persoais, é dicir, a toma de decisións, habilidades sociais e de comunicación competencias persoais e de planificación,
- E por último, é básico, as ferramentas utilizadas, as técnicas de procura de emprego, as vías de acceso para a Procura Activa de Emprego
Por outra banda, a cultura coa que
nos atopamos, constrúe os conceptos de xénero diferente. Por iso o persoal
técnico de Intermediación laboral é necesario que nas nosas intervencións
gocemos da perspectiva de xénero e cos asesoramentos das demandas sexan dende a
igualdade para adaptalos ás ofertas.
Por iso temos que ser quen de sensibilizar sobre a situación de
desigualdade no ámbito empresarial non só das mulleres senon tamén das persoas
con discapacidade, para ofrecer alternativas de información e autoaprendizaxe e
mellorar así a práctica profesional nos procesos de asesoramento e definir as
demandas de emprego das persoas. E por conseguinte, ser capaces de introducir o
"maistreaning" na intermediación laboral e o empoderamento
tanto das persoas.
Calquer iniciativa de intervención, debería ir precedida dun análisis da
realidade necesitada de cambio. Xa que non todas son aplicables ou
transferibles dunhas situacións a outras, e menos dunhas persoas a outras xa
que, moitas veces necesitan ser adaptadas, por iso é necesario:
- Mellorar espazos dende as necesidades das persoas con discapacidade
- Búsca activa profesional en sectores ocupados tradicionalmente por homes
- Facer visíbel o traballo realizado
- Diversificación profesional na elección do emprego
- Formación
e cualificación en profesións concebidas tradicionalmente como de homes
Formación y profesionalización en profesións tradicionalmente consideradas de baixa ou escasa cualificación - Autoestima profesional
- Acceso a postos de responsabilidade
É destacábel mencionar que, do mesmo xeito que acontece con outros
colectivos desfavorecidos, a exclusión das mulleres, resulta non soamentes
pola omisión do que sucede, é dicir, falta de conciencia ou baixa
concienciación respecto aos problemas por exemplo, senon tamén pola acción da
sociedade respecto da situación que viven, debido á falta de intervención e/ou
actuacións insuficientes. Mais ésta exclusión tamén se ve remarcada poas
actitudes das propias mulleres respecto á sociedade, ou o que é o mesmo, acaban
sendo elas mismas as que se autoexclúen, xa que asumen valores e situacións
denominadas "machistas" que contribúen a súa discriminación.
A Comunicación a través da Linguaxe Inclusiva
Por iso e fundamental saber que, a
percepción humana das realidades determínaas xustamente a linguaxe. O
cerebro constrúe tantas imaxes como as que pode describir a lingua, ou as
linguas, que coñecemos e que fabulamos, co cal, se posuímos un vocabulario
amplo percibiremos unha perspectiva máis dilatada, diversa e plural da realidade,
que se posuímos un vocabulario empobrecido e escaso, xa que reducirá de xeito
significativo a percepción do contorno. É dicir, que a linguaxe é un dos
factores que afecta á construción do pensamento e permítenos describir e
percibir a realidade, de tal xeito que, se algún elemento da realidade carece
de nome desaparece de nosa mirada que observa e deixaría de existir.
Podemos comprender e concretar
sinxelamente entón, a importancia de deixar de utilizar na nosa comunicación
unha linguaxe sexista, xa que, o seu uso, segue a apoiar ás agachadas a
naturalización da desigualdade entre mulleres e homes. Onde os acontecementos
sociais, as relacións humanas e a cultura, paralizarase e, seguiremos obstruíndo
o noso pensamento.
Por iso, é imprescindíbel suprimir os
límites opresores do noso pensamento para coa linguaxe e abrir novos espazos de
reflexión. Agora ben, provocar estes cambios non depende soamente da vontade,
senón que, precisamos dispoñer das ferramentas para que dende calquer ámbito de
actuación, poidamos axustarnos ás normas e convencións que nos permitan
transmitir mensaxes comprensíbels, e aplicar elementos que favorezan o seu uso
integrador, plural, diverso e, especialmente non sesgado por razóns de sexo ou
de xénero e que trate a información dende parámetros e medidas non
discriminatorias.
É evidente, que ao longo destes
últimos anos a perspectiva de xénero tornouse nun óvulo a hora de abordar os
problemas de desenvolvemento, pobreza e desigualdade de oportunidades entre
mulleres e homes, o cal, consideramos imprescindíbel para estender as
fronteiras do noso pensamento na linguaxe.
Co cal, para rematar cós estereotipos
de xénero, é preciso erradicar o sexismo da linguaxe, ou, dito doutro xeito, é
imprescindíbel cá lingua perciba a realidade actual, que está marcada pola
saída das mulleres ao espazo público, aos espazos de toma de decisións, pola
conquista de todos os dereitos humanos e da cidadanía que nos veñen dados por
lei. Mesmamente, é imprescindíbel e vital que a lingua facilite a
“normalización” dos varóns no ámbito doméstico, nos coidados, e nas súas
emocións e afectos, a fin de facilitar unha transición cara unha sociedade máis
plural, máis xusta e máis equilibrada.
Para facer un uso non sexista da
linguaxe non hai fórmulas específicas, senón que, aos poucos, ímonos dar conta
a través de claves, guías e protocolos, onde están os sesgos do noso pensamento
e de como se volcan a través da linguaxe. Debido a estreita relación que existe
entre linguaxe e pensamento, imos ir modificando a nosa linguaxe na medida en
que sexamos conscientes e capaces de discernir có usamos incorrectamente, e
cando fagamos o esforzo de realizar as modificacións pertinentes no xeito de
expresarnos. Folga dicir, que deberíamos polo tanto, evitar perpetuar ata
a saciedade os estereotipos lingüísticos.
Xa para rematar, é imprescindíbel que
teñamos ben presente que a lingua ou as linguas, non son discriminatorias,
senón que, o que discrimina é o uso que facemos delas, e que é posíbel redactar
textos respetuosos e democráticos se partimos da perspectiva de que queremos
facelo e contamos cós recursos axeitados.
Se dende calquer ámbito abrimos novos
espazos de reflexión o redor do sexismo que existe na linguaxe e na
comunicación humana, e potenciamos a utilización dunha linguaxe non sexista,
tratando a información dende parámetros non discriminatorios nin
invisibilizadores para as mulleres, erradicaremos os límites da linguaxe e
ampliaremos os límites do noso pensamento. Xa que, se a linguaxe non nomea
ás mulleres, claro está que non existen.
O que está claro e que temos que
comprender non soamentes a importancia da nosa identidade de xenero, senon
tamén da nosa identidade dixital profesional, polo que debemos empregar o máis
a cotío que poidamos utilizar todas as ferrmentas que están a nosa disposición
hoxe en día emais non soamente iso senón tamén saber poñelos a disposición das
persoas usuarias coas que traballamos.
Habilidades e Competencias Sociais
O que tamén debemos ter en conta é
que non todas as persoas están en disposición de poder poner en práctica e
utilizar estas ferrmentas por iso debemos ser quen de adaptarnos como persoal
orientador e deberemos coñecer e estar ao día na significatividade das
competencias sociais, e emocionais tan en boga últimamente. E temos que ser
quen de saber traballar as competencias emocionais coas persoas usuarias, Estas
competencias emocionais pódense dividir en 5 habilididades, como
por exemplo; Autoconciencia, Autorregulación, Motivación, Empatía e as
Destrezas Sociais.
E polo que se refire a competencia
social é a capacidade para mantener boas relacións con outras persoas. O que
implica dominar as habilidades sociais básicas, capacidad para la comunicación efectiva,
respeto, actitudes prosociales, asertividad, etc.
A Net e as súas Ferramentas
Por iso e xa para rematar ésta
reflexión está claro que a Net é unha fonte inmensa de información, de sobre
carga de información máis ben. Por iso e imprescidíbel saber deseñar
estratexias para a busca da información que sexa o máis axeitada as nosas
necesidades. Por iso é fundamental empregar ferramentas para conseguilo.
Esas ferrmentas é o que coñecemos
como, curación de contidos, a cal permítenos "desinfoxicarnos"
dese exceso de información dun xeito sistemático e sinxelo. Para
evitar, deste xeito, a saturación do exceso de información que circula na Net,
e que non ten porque ser verídica e/ou gozar de calidade.
A Curación de Contidos polo
tanto, consiste en buscar, atopar e seleccionar os contidos e
informacións que nos interesan. É dicir, filtrar os contidos da red para
facilitarnos a búsca, e claro está, aforrar iempo, para despois poder
distribuirlos ou compartirlos. Para curar contenidos e filtrar información é
preciso ter un obxectivo claro e ben definido. Existen ferramentas distintas de
presentar os resultados da curación de contidos, como por exemplo; Feedly,
Scoop.it,…
Deste xeito chegamos aoque sería a
nosa Contorna Persoal de Aprendizaxe o Personal Learning
Envirement (PLE), en inglés, podemos consideralo como un “sistema”
para ser quen de xestionar “ao noso xeito” o noso propio
proceso de aprendizaxe. É dicir, é un xeito de buscar os nosos propios
obxectivos e intereses de aprendizaxe para facelo más doado, máis sinxelo ou
máis persoal. Ao mesmo tempo, crea novos ámbitos e intercambios de
comunicación.
O PLE podemos fundamentalo nas fontes
de información que consultamos diariamente e como elas poden chegar a modificar
as nosas propias reflexións, creenzas e/ou ideoloxías. Inclúe polo tanto dende
a formación regrada, ata a non regrada e informal. O que está claro, é que, a
Net hoxe en día é unha parte fundamental de todos e cada un dos PLE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario