viernes, 28 de noviembre de 2014

Reflexión Módulo 3: MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL

ORIENTACIÓN LABORAL


A través deste módulo tres definimos conceitos como: Intermediación laboral; Itinerarios de inserción; Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións. Ademáis perfilamos a función do orientador laboral, a súa labor céntrase nos seguintes pontos:
  • Análise de perfís profesionais e prospección de emprego;
  • Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego;
  • Elaboración do plan de empresa.

 INTERMEDIACIÓN LABORAL

Na intermediación laboral temos que ter en conta tanto a heteroxeneidade do colectivo de desempregados, como o contexto sociocultural da búsqueda de emprego. O orientador adaptarase ao usuari@ para facilitarlle as ferramentas para a búsqueda autónoma de emprego/autoemprego.

Nunha intervención hai catro elementos: entrevista; sistema facilitador de inserción; estratexia e o itinerario de inserción.

O orientador pode:
  • Realizar unha atención individualizada onde indaga:
    • Se o usuari@ ten obxectivos profesionais definidos, se ten algún tipo de planificación;
    • Sobre a motivación do candidato: crenzas, expectativas, actitudes ante o emprego;
    • Acerca da información profesional (directorios, cursos...) que está a manexar;
    • Explora sobre as habilidades, actividades que realiza o candidat@ de cara a encontrar un traballo.



  •  Esta atención individualizada tamén pode ir acompañada por accións grupais
  1. Talleres de recursos persoais. Exemplos: Habilidades sociais e comunicación; Competencias; Toma de decisións o resolución de problemas; Control de ansiedade; Motivación.
  2. Talleres de busca de emprego. Exemplos: Busca de emprego a través de internet; Ferramentas para a busca de emprego; Vías de acceso ao emprego; Entrevistas de selección; Técnicas de busca de emprego. 
Hai factores que afectan negativamente á integración sociolaboral:
  • Sociais: estereotipos; prexuízos; prácticas discriminatorias; minusvaloración social.
  • Dificultades da persoa: falta de formación/experiencia; habilidades sociais; carencia de hábitos laborais; baixa autoestima; descoñecemento do mercado de traballo.
O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL NO ITINERARIO DE INSERCIÓN

O orientador fai dúas tareas:
  1. Itinerario personalizado de inserción laboral;
  2. Prospección de empresas.
No IPI (Itinerario personalizado de inserción laboral) hai tres fases:
  • Diagnóstico personalizado. 
    • Recoller información sobre as características persoais (traxectoria laboral; currículo; situación social) como sobre as actitudes/aptitudes (hábitos de búsqueda de emprego; habilidades para o emprego e a actitude cara o emprego/formación).
    • Fixar o obxectivo laboral/persoal. Favorecer que o usuari@ tome decisións unha vez feito o seu análisis DAFO ou FODA (Fortalezas; Oportunidades; Debilidades e Ameazas.)
  • Intervención orientadora
  • Avaliación continua 




Na prospección de empresas o orientador:
  1. Obten información do tecido productivo do territorio;
  2. Detecta necesidades de emprego;
  3. Da a coñecer os recursos/actividades de emprego;
  4. Realiza programas/proxectos e actuacións;
  5. Crea sinerxias entre as empresas;
  6. Capta empresas colaboradoras;
  7. Ofrece asesoramento sobre programas, subvencións...
  8. Consegue unha mellora cualitativa na incorporación de traballadores/as;
  9. Favorece a incorporación laboral de colectivos vulnerables;
  10. Busca alianzas para o deseño de itinerarios;
  11. É dicir, estimula a participación do tecido productivo do territorio nos programas/proxectos dirixidos á promoción/mellora do emprego.
 Fases na prospección empresarial: 
  1. Preparatoria. Nesta fase delimítase o perfil do candidato e os ámbitos de actuación. 
  2. Planificación. Identifícanse as empresas obxecto de prospección e as variables que dan resposta ao obxectivo da investigación.
  3. Fase de traballo de campo. Toma de contacto coa empresa para que coñezan o obxecto da prospección e concretar a primeira visita. Preparar e desenvolver as visitas empresariais.
  4. Avaliación/seguimento. Mellorar o coñecemento da realidade empresarial. Recoller datos que nos permitan realizar unha análise e estudo global da situación, satisfacer necesidades de cada unha das empresas. Seguimento de actuacións / avaliación continua.

En suma a todo o dito anteriormente, a través do orientador coseguese un cambio tanto nas melloras das competencias/autoconcepto/autoestima do usuari@ como se logra adaptarse a una contorna laboral en constante cambio. É imprescindible que o orientador sinta paisón polo seu traballo, estea motivado e sexa flexible e empático, para poder conseguir todas estas tarefas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario