viernes, 21 de noviembre de 2014

Tarefa do Módulo 3: "Obradoiro de Busca Activa de Emprego para persoas paradas de longa duración e maiores de 45 anos"


   

1. DENOMINACIÓN
Obradoiro para aprendizaxe de Busca Activa de Emprego para persoas paradas de longa duración e maiores de 45 anos.

2. XUSTIFICACIÓN

Nos tempos actuais a incorporación ao mercado laboral estase a converter nunha ardua tarefa para moitas persoas e xa non só aquelas con escasa cualificación , senón para todo o colectivo de persoas en xeral. Se a esa situación sumámoslle que moitas persoas non contan con estratexias e recursos esenciais para que a busca de emprego, a creación de programas de orientación laboral vólvense primordiais para a consecución dunha inserción laboral exitosa. A acción está pensada para motivar as persoas participantes, a través da identificación e valoración das súas potencialidades persoais e profesionais,  co obxectivo último de todo proceso de orientación, é dicir, a realización do seu proxecto profesional ou polo menos a adquisición de autonomía persoal para afrontar os procesos de procura de emprego con confianza e criterio. 


3. OBXECTIVOS


o Xeral
- Contribuír á mellora da situación laboral das persoas que se atopen en situación de desemprego.

o Específicos
- Proporcionar información sobre diferentes recursos e estratexias que melloren a empregabilidade das persoas destinatarias.
- Axudar ás persoas a coñecerse mellor e aumentar así, as súas posibilidades de insertarse no mercado laboral.
- Apoiar e asesorar no proceso de busca de emprego.

3. COLECTIVO AO QUE VAI DIRIXIDO

Persoas paradas de longa duración, con escasa formación, sen experiencia ou con escasa experiencia, ou de sectores en declive, que queiran orientar ou reorientar a súa vida profesional u actualizarse nas novas tendencia na busca de emprego.


4. TEMPORALIZACIÓN  DO OBRADOIRO
Duración da sesión 1: 4 horas
Duración da sesión 2: 5 horas
Duración da sesión 3: 5 horas

Reparto das sesións: Unha cada 15 días, desenvolvendo o obradoiro nun total de 3 días .

Duración total: 14 horas


5. METODOLOXÍA

En canto á metodoloxía empregada dicir que, fundamentalmente, terase en conta as características específicas das persoas participantes. Entre algúns aspectos a considerar, destacan os seguintes:

- Posibilitar que as persoas sexan o máis autónomas posible ao longo de todo o proceso.

- O aprendizaxe debe ser aberto, isto é, a formación debe estar planificada dende un principio pero debe ter un carácter aberto e flexible ás condicións que se van dando ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

- Unha metodoloxía activa pois deben ser as persoas participantes quen vaian construindo o seu proxecto profesional a partir das estratexias e ferramentas que se lle proporcionen.

- Coordinada dende o inicio do programa ata o final, cos distintos/as profesionais.

- A intervención consistirá principalmente en actividades prácticas, individuais e grupais.

As individuais serán exercicios de autoanálise e poden facelos con absoluta tranquilidade, con toda sinceridade porque serán persoais. As prácticas grupais buscarán a participación activa de todas as pque formen parte do alumnado do Obradoiro, procurando xerar unha comunicación fluída e optimista, na cal o logro dos propios obxectivos móstrase alcanzable.

Todo isto será completado con aclaracións puntuais e consideración teóricas curtas, nos momentos oportunos. Así mesmo, ao final das sesións ou ao principio das seguintes, faranse recapitulacións das consignas principais ou conclusións ás que chega o grupo.

En canto a composición dos grupos, formaranse a partir dun colectivo definido, grupos de máximo 15 persoas e a través dunha valoración previa, con distintos criterios como poden ser idade, actitudes, habilidades, experiencia, sexo, de xeito que favoreza a consecución dos obxectivos establecidos.

Os grupos deben estar equilibrados, para que permitan formar subgrupos de compoñentes con perfís semellantes pero diferentes entre eles, porque sería contraproducente unha homoxeneidade tipo: 15 persoas desempregadas de longa duración, maiores de 45, con experiencia na construción.

A persoa facilitadora procurará:

1. Favorecer a reflexión persoal.
2. Facilitar a confianza e comunicación no grupo.
3. Promover a intervención do grupo para potenciar ás persoas compoñentes.
4. Redireccionar o discurso para que se centre na solución de problemas e se alongue do relato sobre os mesmos.
5. Resumir as actividades de cada sesión, destacando aqueles elementos clave que as persoas teñen que gardar na súa bagaxe de recursos para enfrontarse a situacións semellantes.


















6.  ACTIVIDADES A DESENVOLVER


1ª SESIÓN. PRESENTACIÓN


1. Presentación do Obradoiro
• Presentación da persoa encargado do obradoiro.
•Expóñense os obxectivos e o programa do Obradoiro.
• Explícase a metodoloxía.
• Faise unha breve introdución teórica sobre a importancia do autonálise, coñecer os nosos puntos fortes e febles, para potenciar os primeiros e minimizar os segundos.

Duración: 60 minutos

2. Breve presentación das persoas participantes
• Colocados en círculo, deberán dicir nome e apelidos, ocupación e sector económico da empresa da última experiencia laboral, a cualidade persoal e/ou profesional que máis valora e que espera conseguir desta acción formativa.
• Na explicación inicial da actividade, comunicámoslles que ao acabar a rolda de presentacións pediráselles que conten ao grupo unha situación na que saia a relucir esa cualidade.
• A persoa docente do Obradoiro recollerá os datos das intervencións para traballar posteriormente con eles.

Duración: 60 minutos

DESCANSO 30 MINUTOS

3. Posta en común
• As persoas participantes exporán ao grupo esa vivencia
• Os demais irán tomando nota: nome, cualidades e observacións sobre a intervención. Por exemplo;
- Axústase a vivencia ao que quería amosar? 
- Ves outras cualidades? (Esas notas non se farán publicas pero as usarán para outra actividade máis adiante.)

Duración: 60 minutos

4. Traballo persoal
• Reflexionar sobre as súas características persoais, a través dunha batería de preguntas
• Tomar conciencia das que lle producen máis problemas. 

Duración : 30 minutos

5. Resumo da actividade
• Recollida de conclusións
• Indicacións para a seguinte sesión. 

Duración : 30 minutos

Indicación para a seguinte sesión: Deben traer as notas tomadas sobre ás exposicións dos compañeiros e compañeiras. Mesmamente, deben traer os cuestionarios contestados (simplemente para comprobar que os contestaron.)

2ª SESIÓN PARTE A. DESCUBRIR O POSITIVO

Obxectivos:
• Ser capaces deidentificar as boas cualidades dos demais.
• Descubrir  cualidades ata agora ignoradas en cada un/unha.

1. Presentación da actividade
• A persoa docente pon en situación ao grupo dicindo que, na vida diaria, damos e recibimos máis caricias negativas que positivas. As persoas observamos máis os defectos que as cualidades dos demais. Agora todo o alumnado deste obradoiro terá a oportunidade de destacar unha cualidade positiva das compañeiras e compañeiros que teñen.

2. Traballo persoal
•  Dinámica da papeleta: Distribúese unha papeleta onde cada integrante do grupo debe realzar unha cualidade da persoa que teñen a súa dereita e non debe coincidir coa nomeada na sesión anterior pola mesma.
• A papeleta deberá ser completamente anónima, sen ningunha identificación. Por iso, non deberá constar o nome da persoa da dereita e tampouco se deberá asinar.
• A continuación, pediráselle a todo o alumnado do Obradoiro que dobren as papeletas e recóllense e redistribúense.

3. Posta en común
• Feita a redistribución, comezando pola dereita, un a un, irán todos lendo en voz alta a cualidade que consta na papeleta, e irán asignando á persoa do grupo a quen, segundo ao seu entender, axústaselle mellor. Só poderán asignarlla a unha persoa e deberán manifestar moi brevemente porque cren que esa cualidade a caracteriza.
• Pode suceder que unha mesma persoa do grupo sexa sinalada máis dunha vez como portadora de cualidades; por iso, ao final cada unha dirá publicamente a calidade que asignou á persoa da súa dereita.
• Ao final, a persoas docente do Obradoiro pídelles aos participantes que dean as súas testemuñas sobre o vivenciado en todo o decorrer do exercizo.

Indicación a ter en conta: falarase sempre de cualidades positivas, nunca de defectos.

Duración: 120 minutos aproximadamente.

DESCANSO 30 MINUTOS

2ª SESIÓN PARTE B. ACENTUAR O POSITIVO

Obxectivos-:
• Conseguir que as persoas poidan derrubar as barreiras impostas por elas mesmas.
• Mellorar a imaxe das mesmas mediante o intercambio de comentarios e cualidades persoais.

1. Presentación da actividade
• A persoa docente fai unha breve introdución da actividade, incitando a todo o grupo á reflexión: moitos medramos coa idea de que o autoeloxio non é correcto.
• Con este exercizo intentamos cambiar esa actitude ao facer que equipos de dúas persoas compartan algunhas cualidades persoais entre si.

2. Posta en común
Neste exercizo, cada persoa dálle ao seu compañeiro ou compañeira a resposta a unha, dúas ou as tres dimensións seguintes que se lles suxiren:

• Dous trazos físicos que me agradan de min.
• Dúas calidades de personalidade que me agradan de min.
• Unha capacidade ou pericia que me agradan de min.

Explicamos que cada comentario debe ser positivo. Non se permiten comentarios negativos. Indicarémoslle unhas preguntas para a súa reflexión, por exemplo;

• Cantos de vostedes, ao escoitar a tarefa asignada, sorriron lixeiramente, miraron a persoa que teñen ao seu carón e dixeron, "Ti primeiro"?
• Foi difícil sinalar unha cualidade ao comezar o exercizo?
• Agora, como considera o exercizo?

3. Traballo persoal
Reflexionar sobre os seus intereses e motivacións profesionais no marco da súa dispoñibilidade, por medio dun cuestionario preparado pola persoa Orientadora, que será empregado en futuras accións cara á procura da súa inserción laboral.

4. Conclusión da sesión
Indicación para a seguinte sesión: Pediráselles que acheguen o Currículum Vitae que nestes momentos utilizan para a súa busca de emprego.

Duración: 120 minutos aproximadamente.

3ª APRENDIZAXE DE FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO: CV, Carta de presentación e marca persoal



Obxectivos:
• Autoanalizarse  para saber definir os obxectivos laborais e diferenciarse das demais persoas. 
•Coñecer o o mercado laboral ao que se quere acceder.
• Elaborar o plan de acción a seguir no traballo de buscar emprego.
• Diseñar e/ou reelaborar diferentes Currículums Viate e Cartas de presentación acordes aos mesmos. 


1. Presentación da actividade
De xeito individual comezarán a definir o seu proxecto profesional cara onde queren comezar a busca de emprego. No que terán que ser quen de definir os seus intereses, acordes claro está, as súas necesidades e valores para ser quen de realizar diferentes Currículum Vitae.

2. Realización dos Currículum Vitae 
Unha vez entregadas as pautas cada persoa realizará os seus CV: O Currículum Europeo e outro máis persoal.

3. Realización das Cartas de Presentación 
Unha vez entregadas as pautas cada persoa realizará as súas Cartas de Presentación..

4. Construción da Marca Persoal 
A Marca Persoal ou o Marketing persoal serven para acadar e ser quen de destacar frente ao resto de persoas competidoras e reforzar o valor como profesional. Polo tanto, é fundamental ser conscientes da pegada deixamos nas demais persoas, o que creen que podemos aportarlles.

Deben polo tanto: diferenciarse das demais persoas, ser visibles para as empresas e a nova clientela, posicionarse como persoas expertas e relevantes no seu campo profesional, pasar a ser a "demanda" en vez da "oferta".

A persoa docente guiará ao alumnado a "identificar e comunicar aquilo que lles fai destacar, ser relevantes, diferentes e visibles nunha contorna homoxénea, competitiva e cambiante", é dicir, a identificar os seus valores principais, e como comunicalos de tal xeito que se diferencien do resto da xente. A idea é xestionar a súa"imaxen" como se fose unha"marca".

Os obxetivos a acadar neste punto son: 
•Determinar o rumbo que queren tomar para desenvolver a súa marca persoal, 
• Determinar os seus obxectivos profesionais; en que sector ou sectores queren traballar, se prefiren ser persoas emprendedoras ou non, as empresas nas que lles gustaría traballar.
•Definir unha profesión que lles diferencie do resto, especializándose. "Inventar" unha profesión con tres apelidos que especifique exactamente o que fan. 
•Construir a Marca Persoal 2.0, o que implica estar presente en distintos medios;
  • Redes Sociais: o dideal é ter presencia en Twitter e en Linkedin. Twitter: é unha ferramenta excelente para posicionarse e consolidarse como persoas líderes (conseguir seguidores "followers") e expoñerse as empresas. Linkedin: é perfecto para construir o perfil profesional. É como o Google dos e das profesionais. Cando unha empresa busca profesionais Linkedin é a súa referencia e senon están en Linkedinlimitan as súas posibilidades.
  • Eventos (charlas, coferencias...): Son un sitio magnifico para gañar exposición fronte a outros profesionais e empresas, consolidando a reputación e entablando novas relacións con outras persoas profesionais dos sectores que lle interesan. Poden dende gravarse en video, sacar fotos do envento e compartir despois nas súas redes sociais para amosar os seus coñecementos.
  • Blog: os Blogs estánse consolidando como plataformas da Marca Persoal. Un Blog dalles autoridade e permítelles crear contido único e relevante para o público ao que se dirixen. É,, polo tanto,unha ferramenta excelente para atopar traballo xa que vale máis que calquer CV pois permite amosar os coñecementos que se teñen.
  • Publicacións: Tanto de libros como de vídeos, artículos... aumenta os indicadores de credibilidade e liderato como profesionais.




Facer "Networking", ou o que é o mesmo ampliar a rede de contactos para acadar máis oportunidades de traballo. Pódese facer en eventos, conferencias, charlas ou a través das Redes Sociais, por exemplo; buscando profesionais afins en Linkedin, facendo un listado de empresas onde lles gustaría traballar,  busca das persoas profesionais que traballan nesas empresas contactando con elas e/ou mandándolles un correo-e, creando e mantendo as relacións, buscando a creación de oportunidades...

Duración: 120 minutos aproximadamente.

4ª SESIÓN TOMAR CONCIENCIA DO NOSO POTENCIAL

Obxectivo:
• Tomar conciencia de todas as competencias que puxemos en xogo ao longo da nosa traxectoria profesional e enfocalas cara á outras saídas profesionais

1. Presentación da actividade
A persoa docente dividirá o grupo en subgrupos de tres integrantes, cun perfil semellante procurando que a última ocupación desempeñada por cada persoa pertenza a mesma familia profesional.

• Prestámoslles diferentes ferramentas para axudarlles na reflexión sobre esas variables: listaxe de verbos acordes aos intereses profesionais poder comezar a busca, listaxe de adxectivos persoais, listaxe de valores profesionais, etc.

Duración: 120 minutos

2. Posta en común

• A partir das funcións e tarefas que teñan recollidas no Currículum, o subgrupo traballará a posta en común nun único documento de todas, cunha orde e criterio, e procurando afondar e ampliar nas descricións das mesmas.
• O seguinte será que cada subgrupo identifique as competencias técnicas partindo do recollido no documento elaborado segundo o apartado anterior.
• Cada subgrupo exporá ao grupo as funcións ou tarefas do documento elaborado e entre todos/as, mediante chuvia de ideas, identificarán as competencias transversais que entran en xogo no desempeño das mesmas.

Duración: 180 minutos

3. Conclusión avaliativa da sesión
• Con toda a información, farase unha análise de coincidencias e diferencias entre os distintos perfís traballados polos subgrupos.
• Toda esa información será recollida pola persoa docente para ser tratada e entregada posteriormente as persoas participantes.

Duración: 60 minutos

7. RECURSOS E MATERIAIS NECESARIOS
• Profesional especialista da orientación laboral.
• Aula cun mínimo de 2m2 por discente.
• Iluminación, temperatura e ventilación agradable, é dicir, boa iluminación e ventilación, natural se fora posible, temperatura duns 20º C.
• Mobiliario: cadeiras con mesa incorporada, mesa grande e cadeira individual
• Equipo e material: ordenador portátil con acceso a internet, impresora, equipo audiovisual compostos por un reprodutor de vídeo, proxector de transparencias ou un ordenador con canón para proxectar presentacións, pantalla, taboleiro, rotuladores para o taboleiro, borrador, material de oficina (folios, bolígrafos, Pen drive...)
• Recursos didácticos: cuestionarios de autocoñecemento, motivación, de vocación e de competencias 

8. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO


   O obxectivo da avaliación  é organizar a recollida de información mediante un conxunto de instrumentos cuxa aplicación permitirá coñecer os niveis de eficacia e eficiencia que se están alcanzando na formación e, en consecuencia, se poidan tomar decisións que tendan a mellorar este proceso.Todo iso consiguese mediante un proceso sistemático, obxetivo e útil polo que a avaliación se levará a cabo ao longo de todo o proceso. Nun inicio, para detectar posibles deficiencias e debilidades no obradoiro, así como potencialidades dos usuarios/as que se poidan aproveitar durante o programa de formación. Durante a implementación do programa, para diagnosticar algún problema ou algún aspecto que fose necesario adaptar, en definitiva, verificar que o que se está facendo é o correcto e para levar a bo fin o traballo que se está realizando. Por último, ao finalizar o programa xa que hai que ter en conta que a aplicación do programa do obradoiro conduce á obtención duns determinados resultados. Estos deben  ser analizados en profundidade pois, en gran medida, reflejaxarán o grado de eficacia da función formativa.Un dos aspectos máis importantes a ter en conta é que a avaliación debe ser rigurosa. Antes de poñer en práctica o programa de formación,  deben marcarse uns criterios válidos xa que a partir deles se obterá a información que permita medir la eficacia do Programa.Os obxetivos básicos que persegue unha avaliación serán:
    -  Determinar se os obxectivos e contidos son coherentes coas necesidades detectadas nos alumnos/as. Esta avaliación se corresponde coa inicial.
   - Valorar se os obxetivos fixados se están conseguindo da forma máis efectiva. Esta avaliación se trata da avaliación de proceso.
-  - Controlar os dous puntos anteriores, de forma que se non se producen os resultados esperados nos permita identificar os cambios e modificacións necesarios para a súa mellora.
Os instrumentos a utilizar na recollida da información serán: 


 Cuestionario de avaliación do formador: Este cuestionario será cumplimentado polos participantes, unha vez terminada a formación, e ten como finalidade recoller a valoración que fan sobre o formador do curso. 
 Cuestionario de avaliación da formación: Será cumplimentado polos participantes, ao finalizar o curso, ten como fin recoller a satisfacción dos/as participantes da formación. 
 Observación: Este instrumento utilizarase ao longo de toda a acción formativa.
 Entrevistas

Levarase a cabo tamén un seguemento meses máis tarde, polo que acordaremos realizar unha entrevista con cada uno/unha dous meses despois. 

Indicadores:
• Actitudes
• Linguaxe non-verbal
• Participación e Implicación nas actividades
• Cumprimento das tarefas encomendadas
•  Satisfacción
•  Interese
•  Asistencia 

Enfoque: cambios, variacións
Cualificación: Notable, Perceptible, Nula


9. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

Como atopar emprego, Colección Obxectivos, Xunta de Galicia, 2007, Editorial Gárgola, SL 

10. COMPOÑENTES DE INTÉGRATE 2.O

Jeannina  Búa Devesa
Mercedes Cendán Vérez
Mª José Prado Bermúdez
Vanesa Souto André
Xosé Luis Trincado Álvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario